«Álvaro Cunhal é uma personalidade marcante, em Portugal e no mundo

sexta-feira, 1 de novembro de 2013

Em TERRAeTEMPO -

Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.
01-11-2013

Álvaro Cunhal: “ (…) O domínio mundial do capitalismo como sistema único e final teria como resultado e componente, segundo os seus teóricos, o «fim das ideologias» e o «pensamento único» 

Álvaro Cunhal, un exemplo de loita

DUARTE CORREA PIÑEIRO

O vindeiro 10 de novembro cúmprense 100 anos do nacemento de Álvaro Cunhal dirixente histórico do Partido Comunista Português, un centenario que o seu partido conmemora cun comicio no Campo Pequeno en Lisboa rematando así un intenso ano cheo de actividades arredor da figura política, artística e intelectual de quen foi o seu secretario xeral entre 1961 e 1992 e forma parte xa da historia de Portugal e da historia da loita polo socialismo.


Non son eu persoa de ídolos pero mentiría se non recoñecera que a obra e a traxectoria de Álvaro Cunhal tiveron unha grande importancia na miña primeira formación como militante desde aquel inverno de 1985 no que cae nas miñas mans un exemplar de “O Partido com Paredes de Vidro”, libro que tiven posibilidade de mercar un ano despois, libro que desde aquela teño agasallado en diversas ocasións a compañeir@s e camaradas e que me permito recomendar  a calquer mozo ou moza que se inicie na militancia política;  se ben é certo que co paso do tempo algúns aspectos están desactualizados entendo que no fundamental “O Partido com Paredes de Vidro”  segue a ser unha útil introdución ao funcionamento dun partido comunista e ás características que debe ter a militancia comunista.



Tamén son moi recomendábeis entre a súa abondosa obra política “A Verdade e a Mentira na Revolução de Abril: A Contra-Revolução Confessa-se” para quen queira adentrase nunha visión non oficial do que foi o proceso revolucionario portugués aberto 0 25 de abril de 1974 e “O Radicalismo Pequeno-Burguês de Fachada Socialista” libro moi útil no momento actual para desenmascarar determinadas actuacións e discursos que son presentados como moi modernos e rompedores pero non deixan de ser vellos coñecidos que sempre estiveron presentes da man do oportunismo.na loita política.



Teño dúbidas de se foi no teatro Rívoli do Porto en 1987 ou na Festa da Alegría en Braga en 1988 cando asistín por primeira vez a un comicio de Álvaro Cunhal pero nunca esquecerei a súa firme voz e o seu discurso exento de artificios teatrais que puideran distraer do contido, un xeito de falar para min exemplo de cómo debe actuar  un bo orador que con seriedade e rigurosidade é quen de atraer a atención dos e das ouvintes; así o Palacio de Cristal do Porto no XII Congreso do PCP e os comicios do domingo á tarde no  Palco 25 de abril das distintas edicións da Festa do Avante! foron citas memorábeis con Álvaro Cunhal.



Álvaro Cunhal foi un exemplo de compromiso e firmeza na defensa das súas ideas non renunciando a elas nin diante do fascismo que o torturou e o mantivo en prisión 15 anos, deles 8 en total aillamento, nin posteriormente no réxime democrático diante das manobras que tentaron domesticalo co obxecto de integralo no sistema como fixeron cos PCs español e italiano e ao non conseguilo despregaron contra el e contra o seu partido unha longa campaña de demonización que aínda non rematou.



A defensa do ideal comunista, a defensa das conquistas e dos principios recollidos na Constitución Portuguesa saída do proceso revolucionario posterior ao 25 de abril, a oposición á entrada de Portugal no Mercado Común Europeo… son posicionamentos de Cunhal e do PCP polos que foi acusado de dogmático e de non saber adaptarse aos novos tempos e á modernidade. Pero ninguén que teña seguido con atención a traxectoria do PCP ou lido os seus documentos pode acreditar en descalificativos que sempre veñen de parte, é máis, a historia acabou por demostrar que ese apelo á modernidade e á adaptación aos novos tempos era realmente un apelo a pasarse ás fileiras do inimigo de clase.



Álvaro Cunhal
A firmeza de conviccións nunca impediu a Cunhal ser flexíbel cando era preciso, procedendo a axustamentos tácticos que en non poucas ocasións amosaron a súa grande capacidade de análise das situacións concretas que se daban na sociedade portuguesa, uns axustamentos tácticos froito da disposición de Cunhal e do seu partido a intervir do xeito máis eficaz posíbel na loita real e a non quedarse en discursos teóricos que podían estar moi ben construídos pero eran inútiles.


Neses axustamentos creo que un dos máis salientábeis e pouco coñecido foi a decisión de eliminar a expresión “ditadura do proletariado” do programa aprobado no VII Congreso extraordinario do PCP celebrado seis meses despois do inicio da revolución, o 20 de outubro de 1974; unha decisión sobre a que comentaba Cunhal en 1976:



“(…)O nosso povo, depois de 50 anos de ditadura fascista, se se fala em ditadura do proletariado está a ver repressão, está a ver a perda das liberdades, no fim de contas aquilo que caracterizava o regime fascista nos aspectos repressivos. Nada facilitava a nossa tarefa, o esclarecimento do nosso povo e o caminho para socialismo utilizarnos a expresão ‘ditadura do proletariado’. Isto daría logo a ideia que nós, os comunistas, queremos instaurar un poder violento sugerido pela palabra ‘ditadura’, que no espírito do nosso povo está ligada á repressão e à ausencia de liberdades, quando a ditadura do proletariado é uma forma de organização social em que há muito mais liberdades do que num regime democrático burgués por muito democrático que seja(…)”   Unha vez iniciado o período contra-revolucionario da man fundamentalmente do Partido Socialista foron diversas as ocasións nas que se anunciou o declinio do PCP, sendo coa caída do muro de Berlín e a desaparición do chamado bloque socialista cando moitos agoireiros anunciaron a súa morte definitiva ao consideraren que o PCP era simplemente un apéndice da URSS, pero unha vez máis erraron. O PCP nun momento moi delicado para quen defendíamos e defendemos o ideal comunista mantívose firme, con feridas pero firme, e foi quen de superar esa etapa na que ademais dos ataques externos houbo de afrontar a disensión interna por parte de militantes críticos que na meirande parte dos casos e con poucas excepcións baixo o discurso de modernizar o partido e actualizar as súas ideas agachaban realmente a disposición a realizar un rápido traxecto cara o social-liberalismo representado polo PS de Mário Soares ou directamente cara as fileiras conservadoras do PSD de Cavaco Silva.  Sobre a desaparición da URSS dicía Cunhal en 1993

“(…)o que fracassou não foi o ideal comunista, mas um ‘modelo’ de sociedade que em aspectos fundamentais se afastou de tal ideal. Não foram apenas ‘erros humanos’, embora também o tenha havido, mas uma concepção, uma prática política e um exercício do poder que de facto se afastaram do ideal comunista(… ), uma tão grave situação exigia não apenas a correcção de erros pontuais, mas mudança radical nas orientações e uma real reestruturação da sociedade no plano económico, social e político. Consolidando as grandes conquistas revolucionárias, restabelecendo o poder político do povo, instaurando efectivamente a democracia no Estado, no partido e na sociedade, superando a estagnação, aproveitando as potencialidades do sistema sócio-económico muito longe de estarem esgotadas, — impunha-se promover a renovação criativa e o reforço da sociedade socialista.

A evolução da situação na URSS e países do leste da Europa comprovaram infelizmente as reservas e atitudes do PCP relativamente ao processo em curso da ‘perestroika’. A derrocada e liquidação da URSS e a catastrófica situação que foi criada nesses países, a mudança da correlação de forças a nível mundial, e o aproveitamento da nova situação pelo imperialismo para tentar de novo impor a sua hegemonia mundial, contra a luta libertadora dos trabalhadores e dos povos, utilizando todas as armas (económicas, financeiras, políticas, diplomáticas, militares), as ingerências, intervenções, agressões e guerras a que diariamente assistimos indicam que não só subsiste como se reforça a necessidade da luta dos comunistas por aqueles objectivos que foram através do século a razão de ser da sua existência e da sua luta (.…). Nós, os comunistas portugueses, não tínhamos realizado em todos os seus elementos, e muito menos explicado antes da derrocada da URSS e noutros países do leste da Europa análises e críticas que actualmente fazemos. Tivemos esperança (que os acontecimentos mostraram ser demasiado optimista) numa correcção dos apontados aspectos negativos da evolução e da política nesses países(…)”



Cando empezaba este artigo lembrei que o semanario A Nosa Terra chegou a publicar unha entrevista a Álvaro Cunhal e despois de revolver no faiado din atopado o exemplar no que aparece, foi en xullo de 1988 e nela fálase entre outras cuestións da existencia de diferentes nacións no estado español e pregúntaselle sobre as razóns do PCP para non ter relacións oficiais con partidos comunistas e frontes progresistas desas nacións. Cunhal como é lóxico explica a política oficial do seu partido naquel entón que era manter relacións oficiais só cun partido en cada estado, pero ademais engade o seguinte

“(…)tambén temos outras relacións non oficializadas con outros partidos comunistas que son contactos fraternais coñecidos polo PCE(…)Sabemos que há un problema nacional no Estado da España, sabemos que os povos que vosté menciona teñen conseguido unha autonomía muito forte, sabemos desa aspiración mas é un problema complexo que só a vostedes compete. Há diferentes solucións segundo cada forza política, Coñecemos mal a outras forzas revolucionárias por non ter elas dirixido a nós calquer iniciativa de relacionamento(…)”.



Está claro que un membro da UPG non pode coincidir co posicionamento que naquel momento tiña o PCP ao respecto da realidade plurinacional existente no estado español e do xeito de relacionarse cos partidos comunistas actuantes nas distintas nacións, pero sendo unha entrevista feita en 1988 a resposta dun Cunhal secretario xeral do seu partido entendo que amosa a súa capacidade para o diálogo e a súa disposición e apertura ao coñecemento de outras realidades.



Van alá máis de duas décadas do fin da Unión Soviética e o PCP de Álvaro Cunhal non desapareceu, cos seus problemas e deficiencias pero sobre todo coa súa firmeza é unha forza política organizada actuante na sociedade portuguesa con forte presenza nas organizacións de masas e un apoio electoral importante que se veu reforzado nas duas últimas convocatorias electorais tanto á Assembleia  da República como ás autarquías.



Un dos últimos textos de Álvaro Cunhal escrito en decembro de 2003 e titulado O Mundo de Hoje remata dicindo

“(…)O domínio mundial do capitalismo como sistema único e final teria como resultado e componente, segundo os seus teóricos, o «fim das ideologias» e o «pensamento único».

Trata-se de uma utopia da ofensiva global do capitalismo.

O ser humano continua pensando. E o pensamento e a ideologia dos trabalhadores e dos povos oprimidos serão sempre inevitavelmente opostos à das potências e classes exploradoras e opressoras.

Princípios fundamentais do marxismo (filosofia, economia, socialismo), respondendo criativamente às mudanças no mundo, mantêm inteira validade.”





Sem comentários:

Enviar um comentário